Ábrense as inscricións do XIV Torneo Internacional Cidade de Pontevedra
Xa están abertas as inscricións para a décimo cuarta edición do torneo internacional máis importante de Galicia, con 13.000€ en premios e 9 roldas de xadrez de alto nivel.
15 de marzo de 2026
Xa están abertas as inscricións para o XIV Torneo Internacional Cidade de Pontevedra, que se celebrará do 24 ao 30 de xullo de 2026 no Pavillón Deportivo Universitario de Pontevedra. Unha nova edición dun dos torneos de xadrez máis importantes do noroeste peninsular.
Grupos e categorías
O torneo estrutúrase en dous grupos de competición:
- Grupo A (Máster): aberto a todos os xogadores con licenza federativa en vigor, sen límite de ELO. Válido para normas e ELO FIDE.
- Grupo B (Afeccionado): para xogadores con ELO FIDE inferior a 2000. Con categorías especiais por idade, xénero e veteranos.
Como inscribirse
As inscricións realízanse a través do correo electrónico escola@xadrezpontevedra.com ou por teléfono no 650 645 318.
As inscricións realizadas antes das 14:00 do 25 de xuño teñen un 20% de desconto. Non esperes ao último momento.
Máis información
Consulta as bases técnicas para coñecer todos os detalles sobre cotas, categorías e normativa de xogo.